Martes 17 de Setembro de 2019

Medio cento de cativas e cativos participaron na sesión do programa Ler Conta Moito da Biblioteca Municipal de Boqueixón


 

Medio cento de cativas e cativos participaron esta mañá nunha nova sesión do programa Ler Conta Moito, promovido pola Biblioteca Municipal do Concello de Boqueixón. Nesta ocasión, ofreceuse o espectáculo Xogo Revolto, de Marionetas Trécola.

A través desta actuación e dunha historia do máis amena, Marionetas Trécola fomentou a educación emocional entre a cativada, libre de estereotipos e de violencia de xénero. Así, as situacións da vida cotiá que se representaron neste espectáculo buscan fomentar unha sociedade chea de respecto entre iguais.