Martes 17 de Setembro de 2019

O Concello de Boqueixón abre mañá venres o programa “Lecer na piscina” coa actuación do Mago Noel na piscina municipal O Forte


 

O Concello de Boqueixón abrirá mañá venres 30 de agosto o programa “Lecer na piscina”, que inclúe dúas actuacións culturais gratuítas na piscina municipal de O Forte e dirixidas a un público infantil. Así, o Mago Noel ofrecerá unha actuación mañá venres, a partir das 18:30 horas, para todas as persoas usuarias da piscina municipal.

Para o vindeiro venres 6 de setembro, tamén ás 18:30 horas, queda a actuación de “Os tres tenedores”, un grupo de animación musical infantil que mestura música, teatro e humor. “Lecer na piscina” é un programa organizado polo Concello de Boqueixón, en colaboración coa Xunta de Galicia, A axencia Galega das Industrias Culturais e o Xacobeo 2021.