Luns 09 de Decembro de 2019

Aberto o prazo de solicitude para renovar o DNI


 

A unidade móbil da Policía Nacional atenderá ao público na Casa da Cultura do 27 de novembro ao 5 de decembro. Será imprescindible solicitar cita previa no Concello ou ben a través do teléfono 981 680 002

O equipo móbil de renovación do DNI da Policía Nacional estará prestando o seu servizo en Ordes dende o 27 de novembro ata o 5 de decembro. Tal e como é habitual atenderán ao público en horario de mañá na Casa da Cultura. Todas e todos aqueles que queiran expedir por primeira vez ou renovar o seu documento nacional de identidade xa poden solicitar cita previa no mesmo Concello ou ben chamando ao teléfono 981 680 002.