Mércores 20 de Novembro de 2019

González Formoso visitou o Mercado da Deputación no Festival de La Luz


O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou o Mercado da Deputación no Festival de La Luz, que durante esta fin de semana se celebrou en Boimorto.
Durante estes días, un total de 36 empresas e asociacións coruñesas do ámbito da artesanía, a ecoloxía, a creación artística ou a innovación compartiron os postos instalados pola Deputación no Mercado da Luz, unha gran área de 500 metros cadrados situada entre os dous principais escenarios do evento, onde se realizaron exposicións, presentacións e degustacións dos seus produtos, que gozaron dunha gran aceptación entre o público.
González Formoso, que estivo acompañado polo deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, conversou cos artesáns e produtores locais que participaron no evento para interesarse pola súa actividade e pola actividade do Mercado e asistiu aos concertos deste domingo.