Martes 17 de Setembro de 2019

Medio Rural estudiará as parcelas e investigará a propiedade dos terreos nas parroquias de Fao e Novefontes, no Concello de Touro, para iniciar o proceso de concentración parcelaria


 

O Concelleiro de Medio Rural e os alcaldes de Touro e Boqueixón avanzan na recuperación e posta en valor das terras agrarias dos dous concellos

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo onte un encontro cos alcaldes de Touro, Ignacio Codesido, e de Boqueixón, Manuel Fernández, para abordar as posibilidades de mobilizar terras nos seus respectivos municipios. O responsable autonómico comprometeuse a enviar técnicos do Banco de Terras aos seus municipios para analizar a situación do terreos en desuso e, no seu caso, iniciar unha investigación da propiedade. No caso do Concello de Touro, os técnicos, que se desplazarán sobre o terreo nos próximos meses, estudiarán as parcelas e investigarán a propiedades dos terrenos fundamentalmente nas parroquias de Fao e Novefontes. Estes traballos servirán tamén para iniciar o proceso de concentración parcelaria nestas duas parroquias de Touro.

No encontro, ao que tamén asistiu o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, explicáronlles ademais os novos mecanismos e ferramentas que contemplará a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria para mobilizar parcelas en desuso, tales como os polígonos agroforestais.

Reestructuracións abertas

No encontro os alcaldes e os responsables da Consellería do Medio Rural tamén fixeron balance do estado das reestruturacións abertas nestes dous municipios. En concreto, no caso de Touro está en fase de acordo a do monte de San Miguel de Vilar, xa ten acordo firme a de Foxás-Bendaña e, por último, a de Loxo, Enquerentes, Fontes Rosas e Ribeira xa ten os títulos en rexistro. Isto significa que as dúas últimas están pechadas administrativamente e a piques de ser concluídas.

O conselleiro José González destacou tamén o papel esencial que cumpriron as reestruturacións no mantemento da actividade agraria en municipios como o de Touro. Sinalou ademais que os novos instrumentos que recolle a futura lei complementaranse coas reestruturacións que sexan necesarias para dar o impulso que require a mobilización de terras en Galicia. Finalmente, o titular do Medio Rural destacou que en ambos os concellos a porcentaxe de concentración é elevada. Así, Touro está concentrado nun 52% e chegará a superar o 68% cando se finalicen todos os procesos abertos.

Deja un comentario