Martes 19 de Novembro de 2019

Novas oportunidades de busca na emprego para as mulleres da comarca grazas ao programa Enredando


 

A Mancomunidade ordense ofertou máis dun cento de prazas, a maoría delas cubertas, para dotar de medios eficaces á súa poboación femenina á hora de atopar traballo

A Mancomunidade de Ordes, a través do Centro de Información á Muller (CIM), está a desenvolver este mes o programa Enredando. Grazas a este programa de formación mulleres de toda a comarca ordense están a recibir formación sociolaboral co obxectivo de poder aplicala tanto na súa vida persoal como na súa busca de emprego. Todo isto valéndose de maneira efectiva das ferramentas dixitais como principal medio. Dentro da comarca ofertáronse máis dun cento de plazas (105), cubríndose a maioría delas (15 por municipio).

O curso que se finalizará a finais de setembro, agás en Trazo onde acaba de rematar, aborda de xeito efectivo e útil, conceptos tan variados como a autoestima, o autocoñecemento, o desenvolvemento social, a comunicación interpersoal, a imaxe e comunicación no mundo profesional, os atrámites coa Administración Pública (concellos, Sergas, Facenda etc), as aplicacións e widgets, as redes sociais, a presentación e o comportamento no eido laboral, a busca activa de emprego, a elaboración do curriculum vitae, as entrevistas de traballo ou o rolle playing entre outros. Precisamente a alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, así como o rexedor de Trodoia, Antonio Pereiro, son algúns dos direxentes que compartiron xornada coas inscritas no programa nos seus respectivos municipios.

Enredando está financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo. No programa traballan de maneira conxunta os Servizos Sociais, os departamentos e oficinas de Emprego dos concellos da comarca e as Aulas CeMIT de Cerceda e Oroso.