Mércores 08 de Xullo de 2020

Medio Rural colabora na promoción dos produtos agroalimentarios das Terras do Mandeo e As Mariñas


A Consellería patrocina con 12.000 euros este evento, co que se pretende dar a coñecer a variedade de produtos da horta e gandeiros elaborados dentro da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu hoxe á inauguración da VII Mostra de Viños e Produtos das Mariñas, que se celebra esta fin de semana na praza Irmáns García Naveira de Betanzos.

A Consellería do Medio Rural patrocina con 12.000 euros este evento co que se pretende dar a coñecer a variedade de produtos da horta e gandeiros elaborados dentro da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, así como o viño da Indicación Xeográfica Protexida de Betanzos.

Deste xeito, a Xunta traballa na liña de fomentar os mercados locais e de proximidade creando cadeas curtas de distribución sen un gran número de intermediarios entre o produtor e o consumidor.