Mércores 16 de Outubro de 2019

O Concello de Noia acometerá obras na rede de abastecemento de auga na Corredoira Luís Cadarso que permitirán mellorar o servizo á veciñanza das rúas Galicia e Travesía


 

Os traballos terán lugar o martes 17 de setembro e suporán a interrupción do subministro de auga entre as 8:00 e as 15:00 horas nas rúas Galicia, Travesía, Santísima Trinidade e Corredoira Luís Cadarso

O Concello de Noia acometerá obras de mellora na rede municipal de abastecemento de auga ao seu paso pola Corredoira Luís Cadarso que permitirán mellorar o servizo que reciben os veciños e veciñas das rúas Galicia e Travesía. Uns traballos que serán acometidos polas brigadas municipais de Obras e que terán lugar o vindeiro martes 17 de setembro, data durante a cal estará interrompido o servizo de subministro de auga entre as 8:00 e as 15:00 horas nas rúas Travesía, Santísima Trinidade e Corredoira Luís Cadarso, así como na marxe dereita da rúa Galicia (sentido Santiago). Ademais, tamén estará cortada ao tráfico de vehículos a rúa Travesía.

O concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón, explica que “imos instalar unha válvula de corte que nos permitirá garantir o mantemento do servizo aos veciños e veciñas das rúas Galicia e Travesía, aínda que se produza outra avaría na zona”. Coa situación actual, avarías na Corredoira Luis Cadarso como a acontecida durante as festas do San Bartolomeu supoñían a interrupción do servizo de auga a toda a zona

“Deste xeito, a reparación dunha futura incidencia na rede de abastecemento nesta zona de Noia non obrigará a cortar o subministro a todas as rúas, senón só onde tivo lugar ese incidente”, sinala Fernández Godón.