Mércores 16 de Outubro de 2019

O Concello de Brión organizará cursos de informática básica durante todo o ano


 

O Concello de Brión organizará durante todo o ano cursos de informática básica, que terán lugar en canto haxa un mínimo de 8 persoas inscritas e na data que concreten os propios participantes. A inscrición, polo tanto, estará aberta durante todo o ano na Casa da Cultura, no teléfono 981 50 99 08 ou en empregobrion@gmail.com. O prezo será de 30 euros, cun 50% de desconto para persoas en situación de desemprego.

O obxectivo destes cursos é que o alumnado adquira coñecementos básicos de informática de cara a mellorar a súa empregabilidade. Así, as persoas que participen aprenderán nocións básicas do manexo dun ordenador e do sistema operativo Windows, dende manexar un procesador de textos ata crear e manexar contas de correo electrónico e navegar por Internet. As clases terán lugar na aula CEMIT de Brión os martes e xoves, en horario de 10:30 a 12:30 horas.