Domingo 25 de Outubro de 2020

Inés Rey subliña o decisivo papel dos concellos na cohesión social de España


A alcaldesa asegura que “fará do diálogo institucional unha das pedras angulares do seu mandato”.

A alcaldesa, Inés Rey, subliña que na vertebración e cohesión social de España xoga un papel fundamental o municipalismo. As Administracións que están máis a carón das persoas, que coñecen en primeira persoa os seus problemas. A alcaldesa, que participa hoxe no XII Pleno da FEMP en Madrid, considera que despois de 40 anos de democracia nos Concellos, cumpre reforzar a cooperación institucional como instrumento decisivo para mellorar o benestar e a calidade de vida da cidadanía,

Nesta liña, o “Goberno Municipal da Coruña fará do diálogo institucional unha das pedras angulares da súa actuación nos vindeiros anos”, engade Inés Rey.

“A iso adicaremos os nosos esforzos no Concello da Coruña a atender as necesidades dos nosos veciños…reivindicando, da man do conxunto de Corporacións Locais, os recursos para contribuir ao Benestar e ao progreso social do noso País», conclúe Inés Rey.