Luns 09 de Decembro de 2019

Un total de 30 centros públicos da provincia da Coruña desenvolverán este curso o programa Radio na Biblio


Os 17 centros xa integrados renovan a súa participación e outros 13 son de nova incorporación

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar a resolución cos centros que van desenvolver o programa Radio na Biblio ao longo do curso 2019/20. En total serán 80 os centros públicos de toda Galicia – 30 deles de nova incorporación- que participen nesta iniciativa, que ten como obxectivo impulsar a creación de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar. Na provincia da Coruña incorpóranse ao programa 13 centros e outros 17 renovan a súa participación.

Nova incorporación
Os centros de nova incorporación recibirán fondos para a posta en marcha dun laboratorio de radio. Para iso contarán co apoio da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería, que orientará o seu desenvolvemento e porá á súa disposición recursos e propostas.

A seguinte táboa reflicte os centros de nova incorporación na provincia:

Provincia Concello Centro
A Coruña Ames IES do Milladoiro
A Coruña Betanzos IES Francisco Aguiar
A Coruña Cambre CEIP Plurilingüe Graxal
A Coruña Cerdido CEIP da Barqueira
A Coruña Coruña, A CEIP Emilia Pardo Bazán
A Coruña Coruña, A CIFP Ánxel Casal – Monte Alto
A Coruña Coruña, A IES Plurilingüe Rafael Dieste
A Coruña Mazaricos CPI Plurilingüe da Picota
A Coruña Oleiros CEIP Juana de Vega
A Coruña Ribeira CEIP de Olveira
A Coruña Santiago de Compostela CEIP Lamas de Abade
A Coruña Touro CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz
A Coruña Zas CPI de Zas

Continuación
Pola súa banda os centros que continúan no programa recibirán unha asignación de 500 euros por centro para a realización de obradoiros de formación específica para o funcionamento da emisora ou ben de lectura expresiva ou de mellora da expresión oral.

Os centros que renovan a súa participación na provincia son os reflectidos na seguinte táboa:

Provincia Concello Centro
A Coruña Brión IES Brión
A Coruña Cabana de Bergantiños CPI As Revoltas
A Coruña Carballo IES Isidro Parga Pondal
A Coruña Cedeira IES Punta Candieira
A Coruña Coristanco CEIP Canosa-Rus
A Coruña Curtis CEIP de Curtis
A Coruña Laxe CPI Plurilingüe Cabo da Area
A Coruña Malpica de Bergantiños CEIP Milladoiro
A Coruña Mazaricos CEIP Víctor Sáenz
A Coruña Melide IES de Melide
A Coruña Muros CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío
A Coruña Pontedeume CEIP Plurilingüe de Andrade
A Coruña Porto do Son IES de Porto do Son
A Coruña Rianxo CEP Xosé María Brea Segade
A Coruña Ribeira CEIP Heroínas de Sálvora
A Coruña Santa Comba CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña
A Coruña Vedra CPI Plurilingüe de Vedra

Esta iniciativa enmárcase no Plan LÍA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares, que conta entre os seus desafíos o de favorecer a alfabetización múltiple do alumnado a través da creación nas bibliotecas de espazos que funcionen como centros creativos de aprendizaxe. Neles debe traballarse con diferentes recursos e materiais que permitan traballar a expresión escrita e oral ou linguaxes como a radiofónica. Desde eles poderán desenvolverse proxectos colaborativos conectados con diferentes áreas do currículo escolar, vinculados á educación para as competencias en información e medios.

Neste sentido a posta en marcha dunha emisora de radio nun centro educativo proporciona múltiples oportunidades para o desenvolvemento das competencias clave a través de metodoloxías activas, así como para a alfabetización informacional. De feito, a experiencia cos centros que xa participan en Radio na Biblio demostrou que a radio constitúe unha ferramenta pedagóxica de grande alcance que permite, ademais, darlle a coñecer ao resto da comunidade educativa os proxectos e traballos que se realizan no centro.