Sábado 14 de Decembro de 2019

O Concello da Coruña inviste cerca de 100.000 euros en obras de mellora nas escolas infantís municipais


Na escola Carricanta, no Castrillón, os traballos dispoñen dun orzamento de 42.350 euros e un prazo de execución dun mes para reparación e impermeabilización das terrazas e patios

O Concello adxudicou as obras de reparación e impermeabilización das terrazas e patios da escola infantil municipal Carricanta, en O Castrillón, por un importe de 42.359 euros e un prazo de execución dun mes á empresa Obras Ramón Cotelo, S.L.

As obras forman parte do programa de mantemento das escolas municipais que o Concello realiza para garantir que as clases se desenvolven en óptimas condicións na súa aposta pola educación e a mellora permanente das instalacións municipais
A actuación servirá para emendar os danos ocasionados por filtración de auga no s chans das aulas 1 a 5, provocados pola falta de impermeabilización das terrazas exteriores, no vestíbulo e o patio exterior, onde se retirarán as xardineiras e substituirase o pavimento.

Según recolle o proxecto, co fin de evitar a continuo deterioro do pavimento interior das aulas 1 a 5 do centro, impermeabilizaranse os forxados que forman as terrazas e patios exteriores, polos cales se filtra a humidade cara ao interior das estancias do edificio. O resto de actuacións, substitución do pavimento do vestíbulo e do patio exterior, forman parte dos traballos de mantemento e adecuación do centro.

Tamén se cambiarán as escaleiras de madeira que dan acceso á terraza exterior da aula 4. Para realizar as obras de impermeabilización nas terrazas retiraranse as varandas de madeira e as lousas de caucho e demolición de parte do pavimento.

Tamén está previsto que nos traballos para impermeabilizar o patio exterior de acceso, demoleranse as xardineiras e as lousas de formigón do pavimento para colocar pavimento continuo de formigón.

Doutra banda, o Concello adxudicou as obras de reparación na cuberta da escola infantil municipal Caracola en Novo Mesoiro e licitou por un importe de 48.264,40 os traballos para a instalación térmica e de auga quente sanitaria co fin de garantir que todas as aulas dispoñan de calefacción.