Martes 10 de Decembro de 2019

Máis de 200 novos títulos para a biblioteca de Ordes


 

A biblioteca de Ordes segue medrando. Todo grazas ás máis de 200 novas referencias que xa forman parte do seu amplísimo fondo composto por máis de 20.000 libros. Dende hoxe xa se poden acceder a novos títulos de narrativa infantil, xuvenil e adulto, destacando neste último caso a de lingua galega. Entre os autore adquiridos figuran Iria Collado, Ranson Riggs, Luis Matilla, Rosa Aneiros, Kenneth Oppel ou Sabela Losada entre outras e outros moitos.