Sábado 14 de Decembro de 2019

A Xunta Xeral da Edar Bens aproba as contas do 2018 e o novo consello de administración


 

A entidade supramunicipal celebrou onte a súa primeira xunta xeral tras o cambio de goberno no mes de xuño

A Edar Bens SA, empresa pública supramunicipal de depuración de augas residuais dos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros, celebrou esta tarde a primeira Xunta Xeral de sociedade Edar Bens desde a chegada do executivo de Inés Rey a María Pita.

A Xunta procedeu á aprobación da xestión do consello de administración, das contas anuais e do informe de xestión da empresa Edar Bens correspondentes ao exercicio do 2018. As contas reflicten que o activo total da Edar Bens SA pasou dos
54.864.641,84 euros e no ano 2017 a 57.350.697, 71 euros no 2018. Esta variación está motivada pola amortización de parte da obra civil, equipos mecánicos e instalacións, equipos eléctricos, aparellos de control e automatismos, tal e como se detalla na memoria das contas anuais, ademais doutras partidas correspondentes ao activo corrente.

O resultado do exercicio 2018 foi de 647.448,60 euros o que supón un excedente económico do 8,40% fronte á cifra de negocio, cando no 2017 fora de 52.162, 71 euros. Esta magnitude pasou de 6.937.212,41 euros no 2017 a 7.706.644,97 euros no ano 2018, o que supón un incremento do 11% debido principalmente á entrada en vigor da nova ordenanza fiscal o 1 de xaneiro do 2018 no concello da Coruña.

A orde do día incluía a o nomeamento dos membros do novo consello de administración composto por representantes dos cinco municipios. Pola Coruña, a alcaldesa, Inés Rey, e os concelleiros da corporación da Coruña Esther Fontán (PSdG), Esperanza Peñalosa (PP), Mónica Martínez (Ciudadanos) e María García (Marea Atlántica).
Por Arteixo, o alcalde Carlos Calvelo, por Culleredo, o seu rexedor José María Rioboo, por Cambre e Oleiros, os primeiros tenente de alcalde Juan González e María José Varela respectivamente.