Luns 09 de Decembro de 2019

Cincuenta veciños e veciñas de Frades visitan Asturias para percorrer os 14 km da ruta de sendeirismo “Senda do Oso”


Cincuenta veciños e veciñas de Frades participaron esta fin de semana na ruta de sendeirismo “Senda do Oso”, percorrendo os 14 quilómetros que separan as localidades de Tuñón e Proaza (Asturias). Unha viaxa na que estiveron acompañados polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez.

A expedición partiu ás 7:00 horas do domingo do Concello de Frades, dende onde chegaron á localidade asturiana de Tuñón. Durante toda a xornada, os veciños e veciñas de Frades desfrutaron de grandes paisaxes arboradas, con áreas recreativas e pontes que cruzaban ríos como o Trubia e o Picarós. Así mesmo, tiveron ocasión de pasar polos túneles polos que antes circulaba o tren e mesmo achegarse a ver a Paca e Molina, as dúas osas que lle dan nome á ruta.