Luns 16 de Decembro de 2019

Ovidio Rodeiro participou na presentación do Cuartel Xeral da Forza de Protección da Armada no Pazo da Capitanía de Ferrol


Esta unidade de Infantería de Mariña trasladouse de Cartaxena á cidade departamental

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, xunto ao alcalde de Ferrol, Ángel Mato e a Secretaria do Parlamento de Galicia, Raquel Arias, asistiron ao acto castrense de presentación da Forza de Protección da Armada (FUPRO) en Ferrol que estivo presidido polo Comandante Xeral de Infantería de Mariña, Antonio Planells. Esta unidade, que tiña a súa sede na Estación Naval de La Algameca, en Cartaxena, trasladouse ao Edificio do Pazo de Capitanía Xeral da cidade departamental.

A FUPRO está encadrada dentro da Infantería de Mariña e integra as distintas unidades do Corpo, los Terzos do Norte, do Sur e de Levante, la Agrupación de Madrid e a Unidade de Seguridade de Canarias, agrupando os medios humanos e materiais que a Armada dedica a proporcionar protección e seguridade física a súas bases, instalacións, centros e organismos.