Mércores 20 de Novembro de 2019

Novo curso de competencias dixitais


 

As inscricións, cun máximo de 30 plazas, deberán realizarse do 28 ao 31 de outubro. As clases terán lugar en Ordes de novembro a maio, todos os xoves en horario de mañá
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes informa da convocatoria do curso Apoio para as competencias dixitais. Unha aproximación ás novas tecnoloxías.
En total ofértanse 30 plazas destinadas ás persoas adultas, que serán outorgadas por rigorosa orde de inscrición, polo que se recomenda que se realice coa maior antelación posible. As persoas interesadas deberán apuntarse do 28 ao 31 de outubro, ben no Departamento de emprego do Concello de Ordes, situado no primeiro andar, ou ben nas oficinas da Mancomunidade de Ordes (baixos da alameda de Ordes).
O dito curso desenvolverase os xoves de novembro a maio en horario de mañá, na aula de informática da Casa da Cultura de Ordes. Ao longo dese tempo impartiranse nocións básicas sobre o manexo das novas tecnoloxías a través do ordenador, tabletas, teléfonos móbiles ou soportes electrónicos e dixitais en xeral. Correo electrónico, Internet, ferramentas dixitais etc serán algúns dos contidos que se aborden.
Ademais do Servizo de Drogodependencias e do CIM da Mancomunidade de Ordes, nesta iniciativa tamén participan as Consellería de Sanidade e a Consellería de Vicepresidencia, Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia; o Fondo Social Europeo e a Rede de Técnicos de Emprego de Galicia.