Martes 19 de Novembro de 2019

O Club de Maiores de Boqueixón representou onte a súa obra ‘Urxencias’ na residencia de Codeso


 

O Club de Maiores de Boqueixón levou onte a súa afamada obra teatral Urxencias á residencia localizada na parroquia de Codeso. Esta peza foi representada por primeira vez na Casa da Cultura de Camporrapado a mediados do ano pasado, tras a renovación destas instalacións municipais, colleitando gran éxito entre o público.

As persoas usuarias da residencia de maiores de Codeso gozaron dunha animada tarde da man das graciosas historias presentadas nesta peza teatral. Urxencias é unha obra que, a través da parodia, recrea as situacións que se viven nunha sala de urxencias dun hospital moi peculiar. O texto está baseado en parte na obra de Suso de Toro Servizo de Urxencias.