Martes 19 de Novembro de 2019

O Goberno local acorda cos sindicatos a elaboración dunha nova Relación de Postos de Traballo


Lage Tuñas comprometeuse a poñer en marcha o proceso dunha nova RPT, cunha nova valoración de postos de traballo, e a fortalecer os servizos públicos que presta o Concello

O voceiro do Goberno local e concelleiro de Facenda, José Manuel Lage Tuñas, acordou cos sindicatos a elaboración dunha nova Relación de Postos de Traballo RPT. Os sindicatos e o goberno local chegaron a un acordo que foi aprobado por unanimidade durante a Mesa Xeral de Negociación celebrada hoxe en María Pita. “Abrimos unha nova etapa. Temos total confianza nos traballadores municipais, que son básicos para que os servizos públicos funcionen”, sinalou o voceiro do Goberno local.

Lage informou durante o encontro que no mes de novembro daranse os primeiros pasos para a elaboración dunha nova RPT, que contará cunha asistencia técnica para a súa elaboración, unha valoración dos postos de traballo e tamén a redacción

do manual de funcións e normas de xestión. A fecha límite para a súa aprobación fixouse no mes de xuño de 2022.
O concelleiro comprometeuse cos sindicatos a manter “un diálogo permanente, no acordo ou na discrepancia” e constatou unha inmellorable disposición por parte dos sindicatos para a dignificación dos servizos públicos.

O goberno tamén anunciou que ten previsto continuar coa segunda fase do concurso de trasladaos de maneira inmediata. Canto aos concursos específicos para a cobertura das Xefaturas de Servizo, Lage explicoulles que o concurso está xudicializado e por tanto optarase por aplicar o principio de prudencia para abordar este asunto.

Doutra banda, o Goberno local ten previsto elaborar un novo Plan de Formación. Os sindicatos presentarán a súas propostas ao Goberno local próximamente. Asemade o executivo enviará ás traballadoras e aos raballadores un cuestionario para que acheguen as súas suxerencias. “Melloraremos a formación dos traballadores municipais cunha reforma a fondo da política de formación de recursos humanos que dará pé a un novo plan”, indicou.

Outro dos acordos aos que se chegou na Mesa Xeral de Negociación foi a constitución do Comité de Saúde Laboral e o compromiso por parte do goberno municipal de celebrar con moita brevidade a Mesa Técnica de Policía Local.

Ademáis, o servizo de persoal enviará unha instrución sobre a forma en que se poderá compensar o día 12 de outubro. Os traballadores terán ata o 31 de marzo de
2020 para gozar dese día.