Mércores 20 de Novembro de 2019

A compañía De Ste Xeito Produccións inicia este sábado en Brión a xira 2019 da súa obra “Loló e mamá”


 

O centro social polivalente de Brión acollerá mañá sábado 9 de novembro, ás 20:30 horas, a posta en escena da obra “Loló e mamá”, da compañía De Ste Xeito Produccións. Unha comedia dirixida a maiores de 13 anos protagonizada polas actrices Pepa Barreiro e Stephy Llaryora. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

“Loló e mamá” conta a historia de Margot (Pepa Barreiro), nai de Loló (Stephy Llaryora), que ao quedar no paro decide instalarse na casa da súa filla. A partir de aí, a historia trata, co fío condutor dun humor fino e fresco, sobre como as relacións familiares son sempre máis difíciles do que parecen e como o amor é unha ferramenta de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre.

Esta actuación en Brión será o inicio da xira 2019 de “Loló e mamá”, tras o cambio en xullo da actriz que daba vida a Margot, Josi Lage, por Pepa Barreiro. Despois de actuar en Brión, o espectáculo poderá verse nas Pontes, Tomiño, A Rúa, Laracha, Sada e Xuqueira de Ambia. Esta actuación está incluída no “Outono Cultural 2019”, un programa cultural organizado polo Concello de Brión e que conta co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña, da Rede de Dinamización Lingüística e do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.

Deja un comentario