Luns 20 de Novembro de 2017

O relato ‘O Nadal no bosque’ xunta a decenas de nenos e nenas na biblioteca municipal de Ordes


‘O Nadal no bosque’ foi o relato co que o Concello de Ordes agasallou aos nenos e nenas de Ordes esta pasada fin de semana. A actividade, que congregou a un gran número de nenos e nenas na biblioteca municipal, formou parte do programa de actos de Nadal organizado polo departamento de Cultura.