Mércores 11 de Decembro de 2019

Arranca o novo curso de competencias dixitais


A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes iniciou o curso Apoio para as competencias dixitais. Unha aproximación ás novas tecnoloxías. As clases terán lugar ata o mes de maio en horario de mañá na aula de informática da Casa da Cultura. As 30 persoas que asisten a elas adquirirán coñecementos básicos sobre o manexo das novas tecnoloxías a través do ordenador. Tamén aprenderán o manexo de tabletas, teléfonos móbiles ou soportes electrónicos e dixitais en xeral. Correo electrónico, Internet, ferramentas dixitais etc serán outros dos contidos nos que se traballen.
Ademais do Servizo de Drogodependencias e do CIM da Mancomunidade de Ordes, nesta iniciativa tamén participan a Consellería de Sanidade e a Consellería de Vicepresidencia, Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia; o Fondo Social Europeo e a Rede de Técnicos de Emprego de Galicia.