Luns 09 de Decembro de 2019

Preto de 100 persoas acudiron á xornada inaugural do Ciclo de Teatro de Outono do Concello de Boqueixón


Preto de cen persoas acudiron onte á Casa da Cultura de Camporrapado para asistiren á inauguración do Ciclo de Teatro de Outono do Concello de Boqueixón. O Grupo de Teatro Licor Café foi o encargado de levantar o pano coa representación da obra Rosenda, unha criada indecente. Unha obra que contou coa colaboración do Club de Maiores.

As sesións de artes escénicas continuarán este sábado 23 de novembro. A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá ás 19.00 horas a representación de Pode ser calquera…, que porá en escena o Grupo de Teatro Charamela. Esta peza está dirixida a todos os públicos.

Dende o Concello de Boqueixón animan a toda a veciñanza a asistiren ás distintas actuacións previstas para este mes e ata mediados do vindeiro de decembro. O acceso é libre e gratuíto para todas as sesións.