Mércores 11 de Decembro de 2019

Xogadores do Monbus Obradoiro CAB  visitan o CEIP Castelao


Dejan Kravic e Gerard Jofresa, xogadores do Monbus Obradoiro CAB, así como o adestrador Camilo Riveiro, visitaron esta mañá aos nenos e nenas de primaria do CEIP Castelao. Ademais de poder facerlles preguntas e solicitarlles autógrafos moitos e moitas deles tamén tiveron a sorte de poder saltar á pista e xogar un pequeno partido. José Luis Martínez Sanjurjo e Xosé Manuel Rodríguez, alcalde de Ordes e concelleiro de Medio Rural, tamén desfrutaron do momento.