Mércores 11 de Decembro de 2019

Todo preparado para iniciar este venres a oitava Ruta de Tapas ‘Que rico estás Boqueixón’


A degustación de pinchos combinarase cos Cantos de Taberna de cinco agrupacións musicais do municipio

A hostalería boqueixanesa ultima xa todos os preparativos para o comezo da oitava edición da Ruta de Tapas Que rico estás Boqueixón. Esta cita coa gastronomía desenvolverase os días 22, 23, 24, 29 e 30 de novembro e 1 de decembro.

Son un total de seis establecementos hostaleiros os participantes nesta iniciativa. Presentarán nove pinchos, tanto doces como salgados, a un prezo de 2 euros cada un.

Como gran novidade desta edición, a degustación gastronómica combinarase cos Cantos de Taberna. Cinco agrupacións musicais do municipio de Boqueixón percorrerán os seis establecementos participantes na Ruta de Tapas amenizando as noites de venres e sábado e as mañás de domingo.

Así, Son de Gaita actuará no Imprevisto o venres 22 pola noite e no Vente Vindo o sábado 30 tamén en horario nocturno. As Pandereteiras de Codeso amenizarán a Ruta de Tapas o venres 22 pola noite tanto no Vía da Prata como en Casa Castro. Neste mesmo local actuará o domingo 24 a agrupación Re-Voltas.

Pola súa banda, Os Brañas de Lamas porán a súa música á noite do venres 29 de novembro no Vikingo. Finalmente, Muxicas da Silveira estarán o sábado 30 á noite no Vente Vindo e o domingo 1 de decembro a mediodía no Záramo.

“Todas estas actuacións suporán un incentivo máis para animar a veciñanza e visitantes a degustar as elaboracións da nosa hostalería. Entre as propostas non faltarán os alimentos propios do outono, así como doces ou produtos propios da zona”, engadiu Fernández Munín.

6 estabelecementos participantes e 9 tapas

Cada un dos pinchos presentados na VIII Ruta das Tapas Que rico estás Boqueixón ten un custo de 2 euros. Poderanse degustar os días 22, 23, 24, 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro en horario de 12.00 a 15.00 horas e de 21.00 a 23.30 horas. As bases do concurso á mellor Tapa de Boqueixón pódense consultar na web municipal www.boqueixon.com.

A continuación, detállanse os distintos establecementos participantes e as tapas que presentan nesta VIII Ruta de Tapas Que rico estás Boqueixón:

ESTABLECEMENTO TAPAS
Bar- Restaurante «O Imprevisto» Tosta de brandada de bacallau con hummus de garavanzo e millo torrado con pasas de Corinto
Bar O Záramo ¡BIM BAM BOOM!
Lambonada de castaña e chocolate
Sabores da outonia
Casa de Xantar «Casa Castro»
Restaurante «Vente Vindo» Richada Soleada
Tosta do Bo-Queixón

Cervexería «O Vikingo» Bocadiños de alcachofa + roliño de espinacas
Restaurante «Vía da Prata» Empanada de zamburiñas e mostra
De pinchos na punta do Pico

Sorteo de dous premios

A VIII Ruta de Tapas Que rico estás Boqueixón sorteará ata 300 euros en dous premios. Para participar, a clientela deberá facer entrega do folleto de participación debidamente cumprimentado.

O primeiro dos sorteos corresponderá a un premio en metálico de 180 euros aportado pola hostalería participante na Ruta de Tapas. Para participar, é preciso ter os seis selos dos establecementos que integran esta iniciativa.

Para o segundo sorteo, precisarase ter 5 selos dos 6 establecementos da Ruta de Tapas. O premio, aportado polo Concello de Boqueixón, consistirá nun vale regalo por valor de 120 euros para canxear por unha comida ou cea no establecemento gañador da VIII Ruta das Tapas.

De todas as votacións do público participante sairán tamén as propostas vencedoras desta Ruta de Tapas. Así, nomearanse tres vencedores, co primeiro, segundo e terceiro posto, respectivamente.