
Descubriron un monólito cunha litografía coa imaxe de quen fora o seu mestre na parroquia de Gafoi entre os anos 1956 e 1975
Un cento de ex-alumnos/as de Manuel Cortiñas Pontón (1910-1990), así como a práctica totalidade da corporación municipal de Frades, participaron esta fin de semana nunha homenaxe póstuma a quen fora mestre na parroquia de Gafoi entre os anos 1955 e 1975. O acto estivo presidido polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e ao que tamén asistiron o neto do homenaxeado, Miguel Cortiñas, e algúns sobriños e familiares.
A homenaxe consistiu no descubrimento dun monólito, emprazado no lugar onde estaba a escola na que deu clases no campo da feira de Ponte Carreira, cunha litografía do homenaxeado e a lenda: “Na lembranza de D. Manuel Cortiñas Pontón (1910-1990). Mestre da parroquia de Gafoi de 1956 a 1975. Remanecen na memoria as leccións do mestre bo: entrega, galeguidade, laicismo, compromiso coa comunidade educativa… Exalumnado e simpatizantes do mestre, co patrocinio do Concello de Frades. Novembro de 2019”. Posteriormente tivo lugar un xantar de confraternidade.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.