Venres 10 de Xullo de 2020

O CONCELLO RECUPERA O ESTANQUE DO PARQUE DE EIRÍS


 

A restauración medioambiental deste espazo, impulsada pola Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade, segue as directrices marcadas pola Axenda 2030 para que as zonas verdes proliferen nas cidades

A Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade está a realizar desde fai días obras de restauración medioambiental do estanque do parque de Eirís. O obxectivo, aseguran desde a concellería, é potenciar o valor medioambiental deste estanque a través de actuaciones que incrementan a súa semellanza a un ecosistema lacustre autóctono.

A edila de Medio Ambiente, Esther Fontán, asegura que esta restauración “é un exemplo máis do modelo que o Goberno local quere facer das zonas e espazos verdes, para o desfrute da cidadanía” e, explica, “a Axenda 2030 márcanos un rumbo e un camiño do que non nos podemos desviar para que as zonas verdes e a natureza asolague as cidades”.

Fontán detallou que a Concellería que ela misma dirixe “irá recuperando pouco a pouco e poñendo en valor tanto as zonas xa existentes como o parque de Bens, o monte de San Pedro ou o propio parque de Eirís, pero tamén as zonas novas que queremos abrir como o Bosque de Breogán en Feáns” e, dixo, “cremos que hai moitas zonas da cidade que aínda están por descubrir á cidadanía para o desfrute e o deleite desde o respecto á natureza e desde a tan necesaria loita contra o cambio climático”.