Domingo 26 de Xaneiro de 2020

A Tarxeta Millennium pódese adquirir xa nas oficinas do rexistro xeral de María Pita


Os outros puntos para solicitala son o Centro Ágora e a estación de autobuses
A Coruña, 13 de xaneiro de 2019.- O rexistro xeral de María Pita volve dispensar tarxetas Millennium, logo de solucionar os problemas técnicos para realizar a tramitación dun servizo que tamén está operativo nas oficinas do Fórum Metropolitano, o Centro Ágora e na estación de autobuses. A veciñanza pódese beneficiar coa tarxeta de descontos na utilización do transporte público e efectuar o pago do billete de autobús co moedeiro mediante o uso de lectores sen contactos. Ademais, as súas vantaxes inclúen o acceso ás bibliotecas municipais como socios e socias e o alugueiro de bicicletas en bicicoruna.es.

Deja un comentario