Domingo 26 de Xaneiro de 2020

Yoya Neira entrega o premio nacional “Educando en Igualdade” ao colexio coruñés Calasanz Escolapios


O galardón é unha iniciativa de UGT que xa vai pola súa quinta edición e ten como obxectivo consolidar no alumnado a aprendizaxe dos valores sobre os que se asenta o principio de igualdade entre mulleres e homes

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, entregou esta mañá o premio nacional Educando en Igualdade, baixo o lema «Ama en igualdade. Di non á violencia de Xénero», ao alumnado do curso 6ºB do colexio Calasanz Escolapios da Coruña polo seu vídeo “Ocultas”.

O galardón, unha iniciativa de UGT que xa vai pola súa quinta edición, ten como obxectivos consolidar no alumnado a aprendizaxe dos valores sobre os que se asenta o principio de igualdade entre mulleres e homes, contribuír á creación de referentes positivos de relación afectiva que posibilite a prevención da violencia de xénero, cooperar ao logro das competencias básicas, especialmente daquelas relacionadas coa comunicación, a autonomía persoal, etc. e superar os estereotipos existentes sobre a violencia.

O segundo premio otorgouse ao IES Cuenca Minera de Huelva, Andalucía, e o terceiro recaeu no CEIP Rajoletes, na localidade valenciana de Sant Joan d´Alac

Deja un comentario