Sábado 31 de Outubro de 2020

Veciños e veciñas de Frades inician un curso de informática personalizada de 48 horas lectivas


 

Unha decena de veciños e veciñas de Frades ven de iniciar unha nova edición do curso de informática básica, de 48 horas lectivas e organizado polo Concello de Frades. Trátase dunhas clases nas que o profesorado se adapta tanto ao nivel como ás necesidades de cada alumno, de forma que así pode ofrecerlle unha formación personalizada e de acordo aos seus intereses. As clases impartiranse ata a primeira semana do mes de abril, todos os martes e xoves, en horario de 16:00 a 18:00 horas, na Aula de Informática do Concello de Frades.