Domingo 26 de Xaneiro de 2020

O problema do amianto volverá a estar presente no Parlamento de Galicia


Dende Esquerda Unida de Cambre, fai meses que a través da nosa coordinadora nacional, Eva Solla, preguntamos á Xunta de Galicia sobre a retirada do amianto do CEIP Wenceslao Fernández Flórez, ante a falta de resposta, a nosa coordinadora volve a levar a debate unha iniciativa sobre a retirada de amianto dos edificios.
A OMS, ten cualificado o amianto como un canceríxeno de tipo I, do que xa son de sobra coñecidas as súas consecuencias completamente prexudiciais para a saúde e producidas pola inhalación do mesmo, motivo polo que comezaron a aprobarse diferentes normativas prohibindo o seu uso e instando á retirada do mesmo.
Por iso dende Esquerda Unida, levamos tempo solicitando as diferentes Administracións a coordinación e estudo para a retirada deste material a fin de cumprir a normativa e protexer a saúde pública.
No Concello de Cambre, presentamos a pasada lexislatura unha moción, aprobada por unanimidade, para levar a cabo unha campaña de desamianto, pero pese aos diferentes rogos para solicitar o seu cumprimento, un estudo do mesmo e a coordinación e diálogo coa Xunta de Galicia, o concelleiro de urbanismo segue sen atender ao tema.
En Cambre ademais, o amianto está situado en edificios públicos como pode ser o CEIP Wenceslao Fernández Flórez, unha situación que reviste aínda se cabe máis gravidade, eque a través de Eva Solla, interpelouse á Xunta de Galicia sobre as posibles solución, sen obter ningún tipo de resposta.
Por iso, ante a falta de actuación por parte das Administracións Públicas, Eva Solla levará unha iniciativa ao Parlamento de Galicia para instar á Xunta de Galicia a que en colaboración coas entidades locais, leven a cabo un plan de retirada de amianto dos edificios públicos, así como unha posta en marcha dunha liña de axudas para a retirada do mesmo nas vivendas privadas.

Deja un comentario