Martes 27 de Outubro de 2020

O concelleiro de Turismo presenta Santiago Tech Compostela en Fitur


Sindo Guinarte, durante a presentación do proxecto

Turismo de Santiago aposta polas novas tecnoloxías para mellorar a experiencia das persoas que visitan a cidade e alongar a súa estadía media.
O concelleiro de Turismo e Ano Santo, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron en Fitur «Santiago Tech Compostela», unha nova liña estratéxica da entidade municipal de promoción turística que, segundo apuntou Sindo Guinarte, «ten por obxectivo empregar as múltiples posibilidade que ofrecen as novas tecnoloxías para mellorar a experiencia do turista en Santiago, co obxectivo de motivarlle a ampliar a súa estadía na cidade».

Dentro desta nova liña estratéxica de traballo, Turismo de Santiago presentou tres proxectos concretos en Fitur: unha innovadora aplicación para dispositivos móbiles; unhas novas audioguías, pensadas para escoitar tamén dispositivos móbiles; e participación no Bodah, un proxecto europeo liderado por Turismo de Santiago que ten por obxectivo desenvolver unha ferramenta baseada na análie de Big Data para xestionar fluxos turísticos.

A nova aplicación de Turismo de Santiago para dispositivos móbiles está concebida como un recomendador de actividades na cidade. A partires de preguntas moi sinxelas, a aplicación xera unha axenda persoalizada na cidade para o usuario nos días da súa estancia.

A aplicación está dispoible en sete idiomas: galego, castelán, inglés, alemán, italiano, francés e portugués. A aplicación actívase automaticamente no mesmo idioma que o dispositivo móbil da persoa usuaria. Trátase dun servizo gratuito que poderá descargarse a partires da próxima semana.

O segundo proxecto son as novas auidoguías para visitar a cidade, dispoñibles nun novo formato que evita ir con un reproductor MP3, que logo o turista ten que devolver nun máximo de 24 horas. Este novo formato consiste nunha tarxeta cun código persoalizado, que se introduce na páxina web de Turismo de Santiago e da acceso indefinido a todo o contido das audioguías, .

Con estas tarxetas o visitante ten 24 pistas que describen en preto de tres horas os principais puntos turísticos da cidade. Están dispoñibles tamén en sete idiomas. Ademáis, poden consultarse tamén en formato vídeo en linguaxe de signos. As novas audioguías poden adquirirse na oficina de información turística, a un prezo de oito euros, cun 25% de desconto para peregrinos, xubilados e estudantes.

Finalmente, prestouse o Bodah, un proxecto europeo liderado por Turismo de Santiago no que participan socios de Reino Unido, Irlanda, Francia, Portugal e o resto de España. O obxetivo do proxecto é desenvolver unhas solucións tecnolóxicas que, a partires da análise de Big Data, permita xeestionar os fluxos turísticos en cidades turísticas. Trátase dun proxecto moi ambicioso no que se traballa dende unha perspectiva multidisciplinar.

Turismo de Santiago é a entidade encargada de liderar o Bodah e aportar o punto de vista turístico. O proxecto conta con socios muy cualificados que aportan a análise de Big Data e as propostas de solucións tecnolóxicas, coma o Cork Institute of Technology, a School of Computer Science da Universidade de Bangor ou a Facultade de Ciencias e Tecnología da Universidad de Nova Lisboa.