Venres 18 de Setembro de 2020

O Goberno local declarará A Coruña como «cidade 30”


O concelleiro Juan Manuel Díaz Villoslada anunciou a intención de reducir a velocidade na circulación en todo o conxunto da cidade e afirmou que traballarán por humanizala cunha rolda peonil desde San Diego ata o Agra O edil presentou xunto co director da Compañía de Tranvías de La Coruña, Ignacio Prada, os resultados das persoas usuarias dos autobús urbano, que se incrementaron nun 5,08% con respecto ás rexistradas en 2018 Villoslada confirmou que xa tramitaron o expediente para que a Xunta aprobe a extensión do percorrido urbano dos buses ata Santa Cristinta

A Coruña, 22 de xaneiro de 2020.- O concelleiro Juan Manuel Díaz Villoslada anunciou esta mañá que na próxima mesa de mobilidade programada para o día 29 aprobarán a declaración da Coruña como “cidade 30”, nesa intención de aumentar a presenza peonil e seguindo a estela doutras para que teña unha limitación de velocidade na circulación a 30 kilómetros por hora, que nas rúas con plataformas únicas se reducirá a 20 e incluso a 10 kilómetros por hora. A medida terá validez en todo o conxunto urbano agás nesas partes do viario que teñan que manterse por ser de dobre carril. O edil informou que A Coruña se incorporará á Rede de Cidades que Camiñan, xa que segundo datos como os que revela a Organización Mundial da Saúde, a redución da velocidade baixa tamén a siniestralidade e as emisións de CO2.

Por outra parte, na mesa do 29, presentarán un borrador para regular provisionalmente como teñen que circular os Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP), “os patinetes, pero tamén outros”, tendo en conta a instrución técnica anunciada pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) a finais de 2019, e que “esperamos que sexa aprobada rápido porque queremos levar adiante unha nova ordenanza
Nota de Prensa

xeral de mobilidade na cidade”. En todo este proceso, Villoslada engadiu que seguirán humanizando e peonalizando os eidos comerciais e outros puntos que necesitan unha mellor calidade urbana do seu espazo público e que proxectan xa algúns tramos de cara a conseguir que a rolda peonil sexa unha realidade, “cosendo sendas para transitar a pé desde San Diego ata o Agra”. En concreto, manifestou que algunhas rúas que xa o son como A Gaiteira, pero “estamos preparando Alcalde Marchesi, xa comezamos as obras de Puga y Parga e temos prevista inicialas en Mariscal Pardo de Cela”.

Esa rolda peonil sumarase a outras actuacións como “converter Santo André nun auténtico bulevar, estender o modelo da Mariña á praza de Mina, e traballar moito máis a humanización do entorno da praza de Lugo e Catro Camiños, cuestións que esixen unha definición técnica que estamos desenvolvendo co fin de acadar melloras na mobilidade sostible, no medio ambiente e na saúde pública”. Neste aspecto, Villoslada asegurou que están traballando a partir de documentos elaborados polos executores do anterior Plan de Mobilidade Urbana Sostible, e que nese contrastar de datos, están tamén colaborando de forma intensa os grupos de investigación da Universidade, porque “queremos presentar propostas para realizar plataformas reservadas ao transporte público, que dean cabida ao bus, taxi, bicicletas e VMP”, e que despois se desenvolverán tecnicamente. Analizaranse e validaranse”.

Nese punto, o concelleiro afirmou que non recuperarán o formato anterior de carril bici con aletas de tiburón, senón que acudirán a outras propostas. Na actualidade, estudan as posibilidades para incorporar estas plataformas en rolda de Outeiro e na conexión entre Juan Flórez con Santo André, que responde a un proceso distinto de bulevarización, ademais de analizaren o impacto de bus que se produce en praza de Ourense. Canto a redución de prazas de aparcamento, Villoslada sinalou que apostarán por aumentar as de residentes a costa da zona azul, para o que “estamos buscando outras opcións”.

Nota de Prensa

RESULTADOS 2019 DO USO DO AUTOBÚS URBANO

O concelleiro e mais o director da Compañía de Tranvías de La Coruña, Ignacio Prada, presentaron esta mañá as estatísticas de persoas usuarias do autobús urbano en 2019, que chegaron ás 23.003.516, un 5,08% máis que no ano anterior, en que utilizaron este medio un total de 1.112.726 persoas. O responsable da empresa concesionaria explicou que os usos foron semellantes aos últimos resultados e que a cidade evolucionou en paralelo á media española segundo datos do INE, salvo unha pequena variación no Entroido e a partir do verán, cando o uso medrou un punto por riba do cómputo xeral do estado “algo que achacamos ao billete gratuíto para menores de 13 anos ao coincidir co período vacacional”. Tras el, notouse en setembro un lixeiro trasvase de viaxeiros e viaxeiras que deixaron de utilizar o transporte privado e os autocares escolares para se desprazaren no servizo público. En total, foron 636.325 os traxectos gratuítos que se realizaron, o que supón un 57% do incremento total. A veciñanza que pagou a tarifa normal xunto coas persoas usuarias da tarxeta Millennium aumentaron un 2,58%, sendo a liña 14 a máis solicitada como vén sendo habitual, seguida da 6, a 11 e a 24. Tamén se rexistrou un crecemento da liña 1A pola extensión este pasado verán do seu percorrido ata Santa Cristina.

CONEXIÓN METROPOLITANA En todo caso, Villoslada falou dunha maior concienciación e “da necesidade cidadá dunha mellora progresiva do servizo de transporte do noso bus”, polo que tramitaron xa o expediente coa Xunta para que se autorice o paso de autobuses urbanos por municipios limítrofes e están traballando xunto co concello de Oleiros para que esa extensión a Santa Cristina sexa definitiva.

Dentro deses avances, está a nova app para poder pagar no bus sen necesidade dunha tarxeta e para a que realizarán desde o concello unha convocatoria aberta a través do portal web municipal en que 200 persoas voluntarias a probarán: “Creo
Nota de Prensa

que será un cambio importante desde o punto de vista da operatividade do sistema, xa que non precisará o pagamento de ningunha taxa”. Desde Mobilidade, están ultimando conxuntamente co Citic da Universidade os traballos para adaptaren a app aos distintos perfís da novidade que valerá para o bus urbano e Bici Coruña en nun futuro, para outros servizos: “Neste momento, hai activas preto de 160.000 tarxetas Millennium, pero cremos que o cambio coa aplicación será substancial”.

Estas melloras iranse incorporando ao proxecto que se enmarca dentro da Estratexia EidusCoruña, que está financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do eixo de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 e co que se dispoñerá de paradas intelixentes nos principais nodos da cidade.