Martes 01 de Decembro de 2020

O GES de Brión asiste aos afectados por un accidente por alcance dun coche cun camión no corredor Brión-Noia sen feridos


 

Membros do GES de Brión acudiron esta tarde a un accidente entre un coche cun camión no corredor Brión-Noia, á altura da saída 15 cara Urdilde (Rois), sentido Noia. Unha colisión por alcance do coche sobre o camión e no que só houbo que lamentar danos materiais, xa que ambos condutores resultaron ilesos.

O accidente tivo lugar ás 15:50 horas e os membros do GES de Brión se desprazaron ata o lugar do sinistro na Bomba Urbana Lixeira (BUL), se ben finalmente non foi preciso facer uso do equipo de excarceración, polo que se encargaron de retirar os restos dos vehículos colisionados e xestionar o tráfico ata a chegada da Garda Civil de Tráfico. O accidente causou certas retencións neste lugar, onde xa se teñen producido varias colisións nos últimos anos.