Martes 31 de Marzo de 2020

Rey destaca os valores da Coruña como pobo que nunca “se dobrega” con motivo do bicentenario do Trienio Liberal


 

A alcaldesa descubriu na praza da Constitución unha placa conmemorativa da efeméride, en que a cidade tivo protagonismo por ser a primeira que seguiu os preceptos da Carta Magna de 1812
A alcaldesa, Inés Rey, descubriu este mediodía na
praza da Constitución unha placa conmemorativa dos 200 anos do Trienio Liberal,
en que a cidade foi protagonista ao darse unha sublevación por parte dos civís e
militares liberais contra o despotismo absolutista, e foi a primeira cidade insurrecta
que seguiu os preceptos da Constitución de 1812. A cidade celebrará esta
efémeride con actos ao longo de todo o ano nos que “recordarmos os nosos valores
e a nosa esencia como territorio, un territorio con inquedanzas que non se dobrega
nin renega dos seus principios”. A rexedora lembrou que como recoñecemento a
ese valor como pobo, “paseamos noutrora no noso escudo un libro, que é símbolo
desa condición” e da participación no movemento revolucionario que se deu na
península porque aínda que Cádiz é a cidade emblemática do trienio liberal, a que
marcou un fito na historia democrática deste país, xa que alí se xestou a
Constitución de 1812, A Coruña contribuíu a que isto todo se materializase”.
Rey sinalou que a cidadanía demostrou que estaba disposta a defender unha vez
máis as súas liberdades nunha etapa convulsa e engadiu que pese a que a
intervención francesa rematou co primeiro réxime democrático español, “hoxe

Nota de Prensa

recordámolo como o primeiro espertar dun sentimento e unha forma de ser que
levou a construír a España moderna que todos desfrutamos”.
Neste aspecto, recalcou que esta placa rememora aquilo como nas Conchiñas o
Monumento aos Liberais lles advertiu durante moito tempo ás persoas que pasaban
pola praza do que aquí tivo lugar: “A escultura volverá cumprir de novo esta misión
na Agra do Orzán e en canto a nós, as persoas de carne e óso, temos e debemos
estar moi orgullosas deste pasado que nos fai fortes no presente e apunta a un
futuro alentador”.

Xunto á alcaldesa, tamén interviu Xosé Antón Fraga, director do Instituto de Estudos
Coruñeses José Cornide (IJCEC) e organizador do Ano Trienio Liberal. No acto,
axentes municipais uniformados de Milicia honrada e membros da Asociación Royal
Green Jackets realizaron unha salva de fusís e a Banda Municipal de Música
interpretou o Himno de Riego e a Muiñeira Alfonsina, de Canuto Berea. Ademais, na
praza quedaron instalados oito paneis informativos a modo de exposición ao aire
libre, relativos ao acontecemento histórico.