Martes 31 de Marzo de 2020

20.000 persoas desfrutan do Desfile de Carrozas e Comparsas do Entroido coruñés


 

A novidade desta edición foi a realización dun anaco do desfile en silencio para favorecer a inclusión das nenas e nenos con hipersensibilidade acústica.

Esta tarde tivo lugar o Desfile de Carrozas e
Comparsas que percorreu o centro da cidade desde as 17.30 h e no que
participaron un total de 24 formacións que puxeron música, cor e retranca ao
tradicional marcha do Entroido da que desfrutaron nada menos que 20.000 persoas.
As formacións saíron do Cantón Pequeño e continuaron o seu camiñar polo Cantón
Grande e avenida da Mariña ata chegar á praza de María Pita.
A novidade desta edición foi a realización dun anaco do desfile en silencio para
favorecer a inclusión das nenas e nenos con hipersensibilidade acústica, a
correspondente desde o inicio da marcha ata a parada de taxis do Cantón Grande.
Segundo a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, “é unha materia obrigatoria a
da inclusión e a de darlle visibilidade a un problema que está detrás dunha cortina».
Na categoría de Comparsas e Carrozas, a formación gañadora do primeiro premio
con 1.500 euros foi a “Os mismos de sempre”. O segundo premio foi para “Troula
seguido”, con 1.200 euros. A formación “Asociación cultural Bribesly Hills” logrou o
terceiro premio, de 800 euros. O cuarto premio de 500 euros recaeu na formación
“Os subterráneos”. O galardón á orixinalidade, para “Comparsa Festarrachada”, con
300€; e os accésits de 200€ para “Amigos da Xoldra”, “Casa de Andalucía”,

Nota de Prensa

“Comparsa El Justiciero”, “Os Maracos” e “Asociación cultural Tarde, Mal e
Arrastro”.

Na categoría de vestiario e coreografía, a formación gañadora do primeiro premio
con 1.500 euros foi a “Asociación cultural Tarde, Mal e Arrastro”. O segundo premio
foi para “Malandros”, con 1.200 euros. A formación “Os mismos de sempre” logrou o
terceiro premio, de 800 euros. O cuarto premio de 500 euros recaeu na formación
“ARC Kilomberos”. O galardón á orixinalidade, para “Como Cabras”, con 300€; e os
accésits de 200€ para “Troula Seguido”, “Pantaleon”, “Casa de Andalucía”, “A.C.
Bolivia Sin Fronteras”, “Os Subterráneos”, “Comparsa El Justiciero”, “Wences –
Karbo”, “Amigos da Xoldra”, “Os Maracos”, “Montealto a 100”, “Comparsa
Festarrachada”, “Extrarradio”, “Melandrainas”, “Tinkus Pacha” e “Los increíbles del
hotgar (AMPA Hogar Santa Margarita)”.
A continuación do desfile, celebrouse unha verbena a cargo da orquestra “La
Ocaband”, na praza de María Pita.