Venres 17 de Agosto de 2018

A Deputación da Coruña achega 90.000 euros ao concello de ares para mellorar a seguridade viaria


Máis de 50.000 euros irán a parar á reforma de viarios en Caamouco
Outros 40.000 euros permitirán renovar o camiño que conecta Celso Emilio Ferreiro e Outeiro

O presidente da Deputación, Diego Calvo, asinou esta mañá dous convenios de colaboración co alcalde de Ares, Julio Iglesias Redondo, polo que se investirán no concello 90.000 euros.

Ambos acordos consisten en reparacións de camiños, un deles en Caamouco. Neste caso achegaranse 50.124,23 euros para reparar o pavimento en Barracido, Pallizo, Chao do Monte, Ixobre e Caamouco. Tamén se acometerá a limpeza nas marxes dos viarios, se preparará a rasante e acondicionarán as bocas dos pozos de saneamento.

A Deputación asume o 100% dos custo deste proxecto, así como dun segundo que prevé unha intervención no camiño entre Celso Emilio Ferreiro e Outeiro.

Neste caso se executará un novo pavimento con aglomerado asfáltico ao longo de todo o camiño (661 metros) e tamén neste caso se limparán as marxes do viario así coma os pozos de saneamento. Ademais, este proxecto, de 39.875,76 euros, inclúe a execución de tajeas.

Deste modo, a Deputación prosegue coa súa política de colaboración con todos os concellos da provincia co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos seus veciños, neste caso, en relación coa seguridade viaria.