Venres 07 de Agosto de 2020

O Concello felicita “a domicilio” os cumpleanos d@s nen@s a través da Policía Local


Os axentes acuden aos domicilios das nenas e nenos para darlles unha sorpresa “axudar a levar un día tan especial para eles da mellor forma posible tendo en conta as circunstancias de non poder sair da casa”, explica a alcaldesa, Margarita Lamela

O Concello de Cee iniciou hoxe unha nova acción de cara a veciñanza co
fin de facer “máis levadeiro” o estado de alarma e o confinamento. As
peticións musicais que se escoitan todos os días únise agora unha nova
acción dirixida aos máis pequenos: felicitarlles o seu cumpleanos a
través da Policía Local. A iniciativa comenzou hoxe con tres nenos e
nenas que levaron a sorpresa da visita da patrulla da Policía Local a
súa rúa para cantarlle o cumpleanos féliz dende a megafonía do
vehículo policial.

Para participar nesta iniciativa, os interesados poden poñerse en
contacto con Concello nos teléfonos 663 523250; 646 048 912 y 607 689
099. Para esta semana varios nenos e neas recibirán a sorpresa e tamén
hay previsto xa algún para a vindeira semana.

O obxetivo non é outro que sorprender a aquelas nenas e nenos que,
“polas circunstancias que estamos a vivir, non poden festexar o seu
día nunhas circunstancias normais”. Margarita Lamela sinalou que
“cremos que é unha iniciativa bonita, coa que pretendemos que estes
cativos se evadan aínda que sexa por uns minutos do contexto que nos
toca vivir estes días. Un aniversario ten que ter alguna sorpresa, e
nós puxemos algún graíño de area para que isto sexa posible”, sinalou
a rexedora, quen non descarta que tamén haxa algunha sorpresa a “algún
dos nosos maiores”.