Xoves 09 de Abril de 2020

O Concello de Brión está a levar a cabo importantes labores de desinfección co fin de evitar a propagación do COVID-19


O Concello de Brión vén de reforzar os traballos de limpeza viaria,
desinfección de edificios públicos e limpezas das zonas con maior afluencia de xente, debido
ao estado de alarma declarado polo Goberno Estado no Real Decreto 463/2020, do 14 de
marzo, e ao estado de emerxencia sanitaria.
O persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal está a levar a cabo a desinfección de
mobiliario urbano de uso frecuente como son contedores, papeleiras, bancos, etc… Así
mesmo tamén están a reforzar as labores de limpeza e desinfección das zonas mais
concorridas do municipio como son o exterior do centro comercial Monte Balado, por onde
pasan numerosas persoas para acudir a oficina bancaria e ao supermercado, e os arredores de
farmacias, residencia de maiores, estancos e principais empresas da zona.
Tamén se reforzaron as limpezas no exterior dos principais edificios de servizos, como son o
centro de saúde, as oficinas municipais, o centro social polivalente, CEIP de Pedrouzos, IES
Brión, cuartel da Garda Civil e xulgado, entre outros. Finalmente, estanse realizando tamén
estas labores nas principais rúas municipais, nas urbanizacións e na súa contorna, reforzando
a limpeza dos contedores do lixo. Estas desinfeccións volverán a realizarse coa frecuencia
necesaria en vixianza da saúde pública.
O alcalde de Brión, José Luís García, amosa o seu agradecemento “tanto ao persoal
municipal, pola súa disposición e colaboración nesta emerxencia sanitaria provocada polo
COVID-19 e que están traballando arreo para seguir mantendo e reforzando a actividade
municipal, como aos veciños e veciñas, tanto particulares como empresas, que están
axudando ao Concello coas súas doazóns e préstamos de maquinaria, material e produtos
para facer as desinfeccións, mascarillas, luvas, etc..”

Deja un comentario