Xoves 09 de Abril de 2020

O concello de Ribeira facilitará tarxetas solidarias a persoas en risco de exclusión para axilizar a compra de alimentos


Os Servizos Sociais do
Concello alcanzaron un acordo coa cadeas de distribución Vegalsa
Eroski coa finde proporcionar a persoas en risco de exclusión tarxetas
solidarias recargables que faciliten a obtención de alimentos e
produtos de primeira necesidade, garantindo así a preservación da
intimidade das persoas beneficiarias ao tempo que se facilita a
adquisición das mercadorías.
Trátase dunha iniciativa dada a coñecer hoxe na Comisión de
Seguimento da Evolución do COVID-19 e que se pretende estender a
outras empresas análogas como unha alternativa aos habituais vales
de alimentos que se subministran dende Servizos Sociais. Por outra
parte, tamén se dou conta de que outra cadea alimentaria como é
Gadis está a facilitar o reparto domiciliario de alimentos entre usuarios
coordinados por Servizos Sociais.
Imposto de circulación
Noutra orde de cousas, na comisión deixouse constancia a raíz de
que algúns veciños están a recibir nos seus fogares os documentos
de cobro do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica que, tal e
como se acordou a semana pasada, non existe a obrigatoriedade de
abonar este tributo cuxo inicio do período de pago estaba previsto
para o 15 de marzo. A razón de que estean a recibir tales
documentos obedece a que o envío tivo lugar antes da declaración do
Estado de Alarma, pero se reitera que o pago non é obrigatorio ao
estar suspendidos os prazos.
No capítulo de agradementos, amosouse a gratitude da Comisión á
Delegación Territorial da Xunta de Galicia que xa comunicou ao
Concello que vai enviar unha segunda partida de material preventivo
(chegará mañá), á Consellería de Medio Rural por ceder unha
máquina do Paque Natural de Corrubedo para desinfección; e a
Grúas Lorenzo, Gloria Lijó Cacharrón, Sanimóvil, Construcciones
Mariscal e Carpintería Metálica Emilio Domínguez.

Deja un comentario