Sábado 06 de Xuño de 2020

O Concello de Muxía facilitaralle aos seus maiores equipos para exercitar a parte superior e inferior do corpo


O alcalde, Iago Toba, sinala que “trátase dunha partida de 30 unidades a estrear e poñerémolas á disposición das persoas que o precisen”
O teléfono para solicitar as máquinas é o 981 74 23 01.

O nome correcto da empresa de desinfección é SYSDEGAL, que realizará as tarefas de desinfección no interior.
No exterior, operarios municipais. Ambos operativos estarán coordinados, previamente reunirse co alcalde, Iago Toba, esta mañá.

 

O Concello de Muxía facilitaralle aos seus maiores equipos
para exercitar a parte superior e inferior do corpo. O alcalde, Iago Toba, sinala que “se
trata dunha partida de 30 unidades a estrear e poñerémolas á disposición das persoas
que o precisen”.
O teléfono para solicitar as máquinas é o 981 74 23 01. Operarios municipais
analizarán as circunstancias de cada solicitante e deixaranos nas vivendas dos usuarios
e usuarias que cumpran as características solicitadas e ata o fin do confinamento.
No caso de haber moita demanda, organizaranse repartos por turnos e será o Concello
o que desinfectará as máquinas para destinalas aos novos usuarios. Por outra banda,
hoxe tivo lugar unha reunión entre o alcalde, Iago Toba, Protección Civil, e Policía Local.
Celebrouse nas instalación de Protección Civil co obxectivo de coordinar as acción a
levar a cabo de cara á fin de semana.
Á súa vez, o rexedor muxián tamén participou nunha xuntanza coa empresa de limpeza
SYSDEGAL, para definir as accións de desinfección que realizará as tarefas de desinfección no interior do Centro de Saúde de Muxía. .  No exterior, operarios municipais. Ambos operativos estarán coordinados, previamente reunirse co alcalde, Iago Toba, esta mañá.

O alcalde, Iago Toba, quixo “agradecer as aportacións dos negocios privados de Muxía
para poner en marcha este novo servizo, que nos permitirá faclitarlle aos nosos
maiores o benestar físico durante o estado de alarma. Tamén a Protección Civil, Policía
Local e SYDEGAL a cobertura total que imos facer esta fin de semana, como o resto dos
días, para facerlle fronte ao coronavirus”, destacou o rexedor.