Domingo 18 de Novembro de 2018

A Deputación da Coruña achegará 90.000 euros para o acondicionamento de rúas en Quintáns, Cibrán e Muxía


Vanse pavimentar os viarios e acometer reformas no sistema de saneamento

A Deputación da Coruña achega 89.999,35 euros ao concello de Muxía para que o concello poida asumir o acondicionamento de varias rúas en Quintáns, Cibrán e no núcleo de Muxía.

En concreto, no lugar de Quintáns vaise substituír o pavimento deteriorado e melloraranse as instalacións do seneamento de augas residuais e de pluviais. No lugar de Cibrán vaise renovar unha rúa interior con pavimento continuo de formigón, e xa no núcleo de Muxía, na rúa Virxe da Barca, tamén se executará unha nova calzada con lousas de formigón.

A Deputación asumirá en solitario o 100% do custo das obras.