Sábado 06 de Xuño de 2020

Mañá arrinca a iniciativa “Acompáñote. Liña de atención telefónica” para combater a soidade nos fogares


 

A liña 900 929 500 será atendida por 35 persoas voluntarias e estará dispoñible todos os días da semana en horario de 10.00 a 21.00 horas

O concello, a través da Concellería de Benestar
Social, pon mañá en marcha a iniciativa “Acompáñote. Liña de atención telefónica»
pensada para que aquelas persoas que están soas durante a corentena poidan
conversar uns momentiños con voluntarias e voluntarios e consigan levar mellor
estas semanas de confinamento.

Para iso, habilítase o teléfono gratuíto 900 920 500 que estará dispoñible todos os
días da semana, de luns a domingo, en horario de 10.00 a 21.00 h e ao que
poderán chamar todas e todos os que necesiten falar. As chamadas serán
atendidas por, inicialmente, 35 persoas voluntarias que forman parte do Dispositivo
Especial de Voluntariado.
Tamén desde o 010 se reconducirán as chamadas das e dos que queiran contactar
nesta liña co fin de lle dar un alento á cidadanía que está sen compañía nesta crise
do coronavirus. Conscientes de que hai moita xente que non ten unha rede familiar
e social na que apoiarse e de que moitas persoas non teñen acceso ao mundo
dixital, a concellería abriralles unha xanela na que poder charlar sobre gustos,
afeccións e sobre todo aquilo que lles faga sorrir e pasar un tempo agradable. Entre
o grupo de voluntariado inclúense psicólogas e psicólogos que poderán realizar

Nota de Prensa

unha asistencia máis profesional en caso de que a persoa que está ao outro lado do
teléfono o precise.
En ningún caso é un servizo de información sobre a pandemia nin de emerxencia,
senón que xorde coa vontade de lles ofrecer un apoio ás persoas que non teñen
forma de comunicárense.