Martes 27 de Outubro de 2020

Manuel Regos visita os maiores da residencia de Ordes


Os maiores da residencia de Ordes recibiron hoxe unha visita moi especial. As SSMM os Reis Magos de Oriente acudiron con agasallos para todos e todas. Acompañándoos estiveron o alcalde e a tenente de alcalde de Ordes, Manuel Regos e Silvia Marín respectivamente. Con iso a mañá converteuse nunha festa onde non faltaron panxoliñas e palabras de agradecemento e admiración por parte de Regos aos maiores do municipio. Tanto o alcalde como Silvia Marín recibiron tamén un detalle por parte dos residentes e do persoal do centro residencial.