Xoves 09 de Xullo de 2020

O Concello de Miño celebrará mañá o primeiro pleno telemático da súa historia


Trataranse puntos de vital importancia para o municipio miñense.
O Concello de Miño celebrará mañá martes, 26 de maio e ás 18:30, un Pleno da Corporación no
que se tratarán puntos fundamentais para o futuro máis inmediato do municipìo municipio. Serán os
seguintes:
 Aprobación das actas das sesións plenarias realizadas nas seguintes datas: 20 de febreiro de 2020 (sesión común) e 9 de marzo de 2020 (sesión extraordinaria).
 Validación do Decreto de Alcaldía número 219/2020 do 2 de abril de 2020 e solicitude de participación na liña de subvención para a renovación total das instalacións de iluminación exterior municipal.
 Aprobación inicial, si procede, da modificación da Ordenanza xeral municipal sobre tráfico,
circulación de vehículos de motor e seguridade viaria do Concello de Miño. Aprobación, se procede,
da modificación da Ordenanza fiscal número 25 reguladora da taxa polo estacionamento de vehículos en zona de aparcamento limitado (zona ORA) no Concello de Miño.
 Aprobación inicial do Regulamento de réxime interior da escola infantil municipal A Ceboliña
do Concello de Miño.
 Solicitude de subvención á Deputación provincial da Coruña para #PO+2020. Adicional 1 para
gastos sociais extraordinarios derivados do COVID-19. Solicitude de subvención á Deputación provincial da Coruña para #PO+2020. Adicional 2 para gasto corrente e investimentos financeiramente sostibles.
 Aprobación definitiva, si procede, da modificación da RPT, cadro de persoal e anexo de persoal do
orzamento de 2019, prorrogado para 2020.
 Modificación do persoal e do anexo de persoal correspondentes ao orzamento de 2019,
prorrogado para 2020: ampliación da xornada de traballo da praza de funcionario interino
adscrito ao desenvolvemento do Programa temporal denominado “Plan Local de Educación Familiar 2017-2020”.
 Concertación para posterior formalización dunha operación de préstamo con cargo ao Fondo de Ordenación 2020 por importe máximo de 6.647.579,34 euros para o pago de sentenzas xudiciais
firmes.

 Dación de contas das resolucións de Alcaldía: desde o 10/02/2020 ata o 17/05/2020, en especial
os decretos 216/2020, 228/2020, 239/2020, 241/2020, 245/2020, 247/2020, 250/2020,
254/2020, 259/2020 e o Decreto 276 do 18/05/2020. Dación de contas das actas da Xunta
de Goberno Local das seguintes datas: 24/02/2020, 28/02/2020, 02/03/2020 e 10/03/2020.
 Dación de contas da aprobación da liquidación de gastos e ingresos do Orzamento deste
Concello correspondente ao exercicio 2019. Dación de contas dos informes de reparo emitidos no ano 2019 con resolución do presidente contraria ao mesmo ou con resolución de validación do gasto. Dación de contas do informe resumen anual dos resultados do control interno realizado no Concello de Miño durante o exercicio 2019 pola intervención Municipal.
 Dación de contas do informe da Tesourería e Intervención #municipal sobre o cumprimento da
normativa vixente en materia de morosidade na execución do gasto durante o cuarto trimestre
de 2019.
 Dación de contas do informe trimestral sobre o período medio de pago. 1º trimestre do ano
2020 e do Informe trimestral sobre o cumprimento dos prazos previstos na Lei 15/2010. 1º
trimestre do ano 2020.
 Dación de contas do informe de seguimento do Plan de axuste aprobado por este Concello
para o período 2019-2020 no marco da súa adhesión á medida 4 do acordo da Comisión
Delegada do Goberno para Asuntos Económicos do 14/03/2019.
 Mocións.
 Informes do equipo de goberno.
 Rogos e preguntas.