Xoves 09 de Xullo de 2020

As salas de exposicións reabrirán o próximo venres e os museos históricos, o 2 de xuño


 

Os Museos Científicos agardan instrucións por parte do Goberno do Estado para concretar o seu funcionamento ao se trataren de centros interactivos

A Concellería de Cultura anuncia a reapertura das salas de exposicións –Casa de Cultura “Salvador de Madariaga”, en Durán Loriga; o Kiosco Alfonso e a do Pazo Municipal de María Pita- para o próximo venres. Con respecto aos Museos Científicos, aínda que está permtido que na fase 2 retomen a
súa actividade, desde os centros están esperando instrucións por parte do Goberno do Estado para concretar de que xeito facelo ao se trataren de centros interactivos con módulos que funcionan de forma táctil. No caso dos museos históricos, estes abrirán de novo o 2 de xuño.
Canto ás salas expositivas, as e os coruñeses poderán desfrutar desde o venres, ás 12.00 horas, da mostra do artista Miguel Zelada no Kiosco Alfonso e da do pintor Fermín Encinar, en María Pita. No espazo dos Cantóns, prepararán a partir do 9 de xuño a montaxe da seguinte, en que se abordará a historia do Real Club Deportivo.
En Durán Loriga inaugurarase a exposición de José Yáñez, titulada “Desde a miña mirada” e a sala de Palexco estará de momento inoperativa pola desmontaxe da última, “Unha autoestrada detrás do enchufe”, da Rede Eléctrica de España.