Xoves 09 de Xullo de 2020

Boqueixón acorda solicitar fondos do POS para facer fronte ao incremento do gasto social derivado da pandemia da Covid-19


A corporación local de Boqueixón deu luz verde no pleno
celebrado na xornada de onte a participación na solicitude de case 36.000 euros do Plan de
Cooperación de Obras e Servizos da Deputación da Coruña (POS) para facer fronte ao
incremento do gasto social derivado da crise da Covid-19. O executivo local vai reforzar os gastos
dirixidos á atención de proximidade de persoas maiores, de persoas con discapacidad e de
persoas dependentes. Asimesmo vanse adquirir medios de prevención, e cubriránse as
necesidades básicas das familias máis vulnerables do concello. Do mesmo xeito, neste pleno
tamén se aprobou por unanimidade o acordo para participar na solicitude de 134.416,35 euros
para financiar gastos correntes a través do POS. E, con catro abstencións, tamén se aprobou
unha modificación de crédito.
No eido cultural, o concello de Boqueixón aprobou no pleno a adhesión a Asociación Camiño
Xeración Nós. Trátase dunha organización que pretende poñer en valor diferentes espazos
visitados polo grupo literario galego, entre eles o Pico Sacro. A adhesión a este grupo conleva que
se promova outro tipo de turismo e que se fomenten novas formas de visitar o Pico Sacro.
O grupo de goberno e a oposición aprobaron por unanimidade todas as mocións presentadas, nun
pleno no que se gardou un minuto de silencio polas vítimas do coronavirus, e polos seus
familiares. Se ben, a oposición retiro as dúas mocións que presentaron para esta ocasión posto
que queren profundizar máis de cara a vindeiras sesións plenarias. Unha das mocións aprobadas
é a de instar ao goberno central a entregar o proxecto para a execución dunha rotonda en Lestedo
para facilitar o tráfico nunha zona da N-525.
Orzamentos
O grupo popular explicou na sesión plenaria que o borrador dos orzamentos para este ano está xa
moi avanzados, e que previsiblemente poderán presentalos antes de que finalice o primeiro
semestre do ano. Nos vindeiros meses, o goberno local buscará a forma de incrementar as
partidas sociais para, entre outras cuestións, facilitar á conciliación dos veciños e veciñas de
Boqueixón, coa dificultade engadida da situación cambiante e inestable que vivimos na
actualidade como consecuencia da pandemia do coronavirus.