Venres 16 de Abril de 2021

Os alfombristas de Miño achegan o seu granito de area no ‘Congreso de Alfombrismo e Arte Efémera Tokio 2020’


A cita tivo que ser suspendida pola crise sanitaria provocada polo coronavirus.
Os alfombristas da Asociación Andahío de Perbes, Miño, achegaron o seu granito de area no ‘Congreso
de Alfombrismo e Arte Efémera Tokio 2020’, cita que tivo que ser suspendida pola crise sanitaria
provocada polo coronavirus. Estaba prevista, ademais, a participación doutros 20 alfombristas.
Así, a Comisión de Proxectos da Coordinadora Internacional creou un proxecto virtual no que
participaron tamén desde a Asociación de Alfombristas de Andahío, en Perbes. Baixo a designación de ‘Soñando Toquio’, as mans destes artistas de Ponteareas, Bueu, Ames, Cela, Rianxo, Burela, Redondela,
Cerponzóns e tamén de Miño, participaron nesta iniciativa telemática.
‘Queremos agradecer a Yasuhiko Fujikawa, presidente do Comité Organizador, a oportunidade de deixarnos un oco neste evento de relevancia internacional aínda que fose a través do vídeo. O noso ánimo está co pobo nipón, xa que foi un dos principais lugares de afectación do virus. Esperamos
vernos en 2021 pero o importante agora é superar esta crise sanitaria’, destacan desde a Federación
Galega de Alfombristas.