Venres 16 de Abril de 2021

Carral acolleu o XIV Agasallo a Luis Seoane coa plantación de tres plantas de ruda e allo verde


 

Carral acolleu na tarde de hoxe, luns 1 de xuño, o XIV Agasallo a Luis Seoane coincidindo coa data de nacemento do escritor. A homenaxe levouse a cabo no centro social de Barcia, ante o monolito en recordo a Seoane e á súa muller, Maruja Seoane. Ao acto acudiron membros do goberno local do Concello de Carral.

O evento estivo organizado pola editorial Figurando Recuerdos Edicións, de Rosa Espiñeira, en colaboración co Concello de Carral. Rosa Espiñeira é albacea de Maruja Seoane e unha experta na obra do pintor, escritor e editor Luis Seoane.