Venres 16 de Abril de 2021

As dúas casas niño de Frades abren mañá martes as preinscricións para o curso 2020/2021


Os Servizos Sociais do Concello de Frades informan da apertura do prazo de preinscrición nas dúas Casas Niño implantadas no municipio e que ofrecen un servizo gratuíto de atención diúrna para nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos. Un servizo promovido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social.
En ambos casos, o prazo de preinscrición estará aberto do 2 ao 16 de xuño e haberá que solicitar cita previa no 660 836 022 para a Casa Niño Axóuxere, no lugar de O Pazo (Galegos); e no 627 147 100 na Casa Niño Xoaniña, na parroquia de Abellá. Como requisito xeral, os nenos e nenas deberán estar empadroados/as no Concello de Frades e ter unha idade comprendida entre os 3 meses e os 3 anos, ambos incluídos. O servizo estará dispoñible para atención diúrna, de luns a venres, durante todo o ano. No caso de que haxa unha demanda superior á oferta, a admisión realizarase segundo criterios de renda.